Accede a Google Fotos

Google Fotos

Almacenamento gratuíto e organización automática para todos os teus recordos.

Gardamos as túas copias de seguranza

Fai copias de seguranza ilimitadas de fotos e vídeos de ata 16 Mpx e 1080 p HD de balde. Accede a eles desde calquera teléfono, tableta ou ordenador en photos.google.com, onde as fotos estarán seguras e sempre irán contigo.

Encontra as túas fotos máis rápido

As fotos organízanse e búscanse polos lugares e cousas que hai nelas, sen necesidade de etiquetas. Só tes que buscar "can" para que se mostren todas as fotos do teu cachorro.

Faille sitio a máis recordos

Non te preocupes nunca máis por quedar sen espazo no teléfono. As fotos das que se realizan copias de seguranza poden eliminarse do teu dispositivo cun simple toque.

As fotos de todos, por fin xuntas

Comparte fotos cos teus amigos e familiares en álbums compartidos. Así nunca perderedes ningún momento, sen importar o dispositivo que teñades cada un de vós.

Descarga a aplicación de fotos que é tan intelixente coma ti.

O mellor produto de fotos da Terra.
The Verge
Google Fotos é a túa nova aplicación de fotos imprescindible.
Wired
Proba Google Fotos Descargar Google Fotos